Eleccións municipaisPolíticaÚltima hora

“Fixemos a campaña máis próxima, fresca e diferente” di Ourense en Común

Esta agrupación, que concurre ás eleccións municipais na cidade ourensá, fai balance dos 15 días de accións electorais
Membros de Ourense en Común.
Membros de Ourense en Común.

Na noite do 22 de maio, na praza San Marcial da cidade das Burgas Ourense en Común pechará a campaña “cun concerto gratuito de cumbia-rock municipalista” que reunirá a varios grupos ourensás. Unhas horas antes esta formación que concurre ás eleccións municipais na capital da provincia, e cuxo cabeza de lista é Miguel Doval,facía balance do que ten sido a súa campaña electoral.

“Estamos orgullosos do que fixemos estes últimos 15 días” e “temos as contiñas claras” aseguraban en rolda de prensa na mañá do 22 de maio Javier Octavio de Toledo, número sete da candidatura, e Montse Malvar, a número oito. “Estamos satisfeitos”, engandían, “de ter feito toda unha campaña sen experiencia previa, en tempo record e cumprindo co orzamento planificado, de 5.500 euros. Un orzamento cuberto con achegas económicas de veciñas e veciños, que se implicaron con donativos e empréstitos apostando por Ourense en Común. Persoas ás que de novo lles damos as graciñas, de verdade”.

Nos nove días laborables de campaña, Ourense en Común estivo en outros tantos encontros en espazos públicos de diferentes barrios da cidade: Seixalbo, Barrocás, As Lagoas, A Ponte, O Posio, A Carballeira, O Vinteún, O Couto, e O Polvorín, onde “onte celebrabamos o acto central de campaña con máis de un cento de persoas”, lembraban. “Queriamos nestes encontros crear ambientes distendidos e agradables para o debate veciñal, e fixémolo”, destacaba Javier Octavio de Toledo.

Ademais, nas dúas fins de semana da campaña, o equipo de Ourense en Común produciu 7 actividades lúdico-culturais de balde para públicos de diferentes idades.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close