CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Flamenco con acento galego, no Barco

O Castelo do Castro era escenario, no marco de “De Perto”, da actuación de Isaías Salazar Trío na noite do 8 de xullo

Baile e música con raíces flamencas pero de intérpretes galegos. Isaías Salazar, bailaor flamenco natural de Ferrol, achegaba a súa arte ata o Castelo do Castro (O Barco) na noite do 8 de xullo. Xunto a el estaban no escenario a coruñesa Sandra Calderón, cantaora flamenca, e tamén Miguel Flores, tocaor gaditano.

Os tres artistas coincidían en Compostela e creaban o grupo Isaías Salazar Trío cun espectáculo que, no marco do programa “De Perto. Outros espazos para a cultura”, sorprendía ao público valdeorrés.

A seguinte cita con “De Perto” será cinematográfica. Así o martes 12 de xullo está prevista unha nova proxección do ciclo de cinema documental relacionado co rural. Desta volta será a historia de Aceredo, un pobo da provincia de Ourense asolagado polas augas do encoro de Lindoso (Portugal): “Os días Afogados”, de César Souto e Luis Avilés. Será ás 20:30h. na Casa Grande de Viloira (O Barco).

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button