CulturaCulturaÚltima hora

Flipy, o “científico louco” de El Hormiguero, no Baranda

O humorista actuará o vindeiro venres 13 de marzo no Barco de Valdeorras

FLIPY

As primeiras aparicións de Flipy foron no canal Paramount Comedy como humorista, chegando a ser elixido polos espectadores como “o mellor cómico do ano 2001”. Máis tarde viaxaría a Estados Unidos para actuar no Gotham Comedy Club de Nova York, e tamén a Arxentina.

En España, Flipy foi o creador do personaxe Johnny Di Parla no programa “Showmatch” (Antena 3) e tamén traballou como colaborador do programa “La Gran Evasión” (ETB). Como actor participou na serie “Paco y Veva” colaborando asemade co Gran Wyoming e Pepe Navarro en TVE. Con todo sería no programa El Hormiguero onde acadaría un maior éxito escribindo e interpretando o personaxe de “El Científico Loco”.

Pérez Vergara tamén deu o salto ao cine e agora percorre os escenarios co seu peculiar monólogo. Ao Barco de Valdeorras chegará o venres 13 de marzo, para actuar na Sala Baranda a partires das 23:30h. Entrada anticipada (Ton y Son), 6 euros; en taquilla, 10 euros.

Artigos relacionados

Back to top button