CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Flor Fernández achega a “cadeliña Ramona” á Biblioteca de Verín

Tarde de contos e música na Biblioteca Municipal de Verín. Neste venres 16 de xuño estas instalacións culturais acollían unha sesión de contacontos moi especial onde os máis pequenos (de entre 3 e 9 anos) escoitaban de primeira man o conto de Flor Fernández “a cadeliña Ramona”, acompañada da guitarra de José Manuel Salgado.

Esta iniciativa enmárcase na programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal verinesa. Así mesmo a autora, Flor Fernández, cedeu os dereitos desta obra á Biblioteca Pública Municipal de Verín, permitindo a edición da mesma.

Fotos: Biblioteca Municipal de Verín.

Artigos relacionados

Back to top button