ColaboraciónsCulturaCulturaOpiniónÚltima hora

Florencio Delgado, bo coñecedor da súa terra

Artigo de María Elva Delgado

 

O pai de Florencio, Florencio Delgado Prada, era Perito Agrícola e ninguén coñecía mellor cal é a orografía do terreo de Córgomo e do agro posto que combinaba os coidados das terras familiares con traballos referentes a partillas e taxacións.

Aí vai una proba dos traballos do seu pai; trátase dunha relación de nomes de diferentes lugares da zona de Córgomo; posiblemente Florencio pai fose requerido para facer una peritaxe deses predios.

 

 

Florencio fillo non desperdiciaría a información transmitida polo seu pai, máis ben a aproveitaría para escribir a súa poesía “Córgomo de Valdeorras”, pertencente ó libro “Galicia Infinda”, publicado en Vigo no ano 1963 e que sería recollida máis tarde no seu libro “Cantarenas” no ano 1981.

Córgomo de Valdeorras
            Para os meus lonxanos viciños

Meu Córgomo de Valdeorras
É bocarribeira crara.
Por Córgomo de Valdeorras
non anda a Santa Compaña,
porque o bon viño escorrenta
medos, trasnos e pantasmas.
Moucho, Valsadal, Chancelo,
viñas de viño baril.
¡O viño da nosa adega
Manda mecha no Brasil!

………………………………

………………………………

Sen dúbida, un aspecto que chama a atención é o feito de que, a pesares de vir somentes a Galiza en tres ocasións dende que emigrou a México, a súa terra estivese sempre presente nel e a recordase tal como el a deixou naqueles anos da súa vida.

Texto e imaxe: María Elva Delgado.

Artigos relacionados

Back to top button