CulturaCulturaÚltima hora

Florencio Delgado Gurriarán, eixo da 3ª sesión do “Ciclo de Encontros sobre Valdeorras” na Coruña

 

Numerosa asistencia, boa dela valdeorresa, no terceiro dos actos do programa do “I Ciclo de Encontros sobre Valdeorras. A Memoria Histórica” que se desenvolve dende mediados de setembro na Coruña. Desta volta a actividade, celebrada esta tarde na sede da AC Alexandre Bóveda da cidade herculina, tiña como protagonista ao poeta corgomés Florencio Delgado Gurriarán, figura que será homenaxeada nas Letras Galegas do vindeiro 2022.

Esta actividade, que promoven o colectivo Valdeorras Infinda e a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda na Coruña, iniciábase cun recital de poemas de Florencio Delgado Gurriarán a cargo do actor valdeorrés Paco Campos.

Despois, Débora Álvarez Moldes falou da vida e obra de Florencio e do proxecto “As Letras de Florencio”, do que é directora. Finalmente, proxectouse o documental “O Castiñeiro morto”, de Domingo D. Docampo, baseado no primeiro poema publicado polo poeta de Córgomo.

Fotos cedidas por Valdeorras Infinda.

Artigos relacionados

Back to top button