OurenseÚltima hora

Flores para homenaxear ás nais este primeiro domingo de maio en Ourense

A rúa Xoán XXIII encherase de flores con motivo do Día da Nai

 

O Concello de Ourense quere realizar unha homenaxe ás nais este primeiro domingo de maio, Día da Nai.

Trátase dunha iniciativa do servizo de Medio Ambiente, que contou coa colaboración das brigadas pertencentes aos servizos de Infraestruturas, Seguridade Cidadá e Medio Ambiente, así como de traballadores de empresas concesionarias da limpeza, Ecourense, e do mantemento da rede semafórica, SICE. A empresa pública Correos tamén se sumou a esta homenaxe limpando e pintando a caixa de correo situada nesta rúa.

Tal como explican dende o Concello, todos eles estiveron traballando esta semana na rúa Xoán XXIII, de xeito coordinado, reparando beirarrúas, preparando xardineiras, repintando a sinalización horizontal e limpando e pintando mobiliario urbano (papeleiras, soportes do alumeado, semáforos, sinais…), renovando todos os bancos da rúa e revisando as luminarias de todo o alumeado público para que esta rúa luza no seu esplendor, coincidindo con este día tan especial. Será na madrugada do sábado para o domingo cando esta actuación culmine coa colocación das xardineiras cubertas de flores en ambas beirarrúas de Xoán XXIII.

 

Artigos relacionados

Back to top button