ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Fogos artificiais e agasallos para pechar o III CaViño, na Rúa

Os participantes que completaron a ruta, recibiron a Compostela e unha Guía do Camiño de Inveno

Despois dunha intensa fin de semana, A Rúa remataba a terceira edición do CaViño de Inverno coa participación de 15 establecementos hostaleiros e outras tantas adegas. Todo o mundo podía participar, degustando o mellor viño de Valdeorras e as suculentas tapas elaboradas polos locais participantes. Cada un sorprendía aos clientes cun manxar, desfrutando asemade da música tradicional, e dos agasallos que ían recibindo conforme facían “etapas”: con tres unha panoleta; con seis unha camiseta; con dez un sombreiro de peregrino; e con quince, é dicir a ruta completa, unha Guía do Camiño de Inverno, unha Compostela e a participación nun sorteo de lotes de viño e ceas. Tamén había premio para o mellor disfrace de peregrino.

Esta edición do CaViño contou asemade con outros atractivos como un tren turístico para levar aos participants e músicos dun local a outro, e unha sesión de fogos de artificio.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button