CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Fogos artificiais para recibir aos Reis Magos na Rúa

As Súas Maxestades chegaron á Estación de Autobuses en limusina antes de subir á carroza para percorrer a vila

 

Nin en tren, nin en bus, nin en camellos. En limusina chegaban este ano os Reis Magos á Estación de Autobuses na tarde do 5 de xaneiro. Dende alí, en torno ás cinco e media da tarde, subidos xa na carroza cos paxes, e despois de repartir caramelos aos cativos e maiores que esperaban por eles, Melchor, Gaspar e Baltasar collían rumbo ao campo de San Roque, seguidos polo tren das festas cargado de agasallos.

 

 

A seguinte parada era a parroquia de Santo Estevo con adoración ao neno e de aí a Vilela, Fontei, o barrio de Fátima e xa por último a praza do Concello. Alí eran recibidos por unha multitude de xente e por fogos de artificio, mentres recollían as cartas e mensaxes dos cativos que se ían sentando no seu regazo.

A Rúa pon así o broche a un completo programa navideño no que non faltaron as citas lúdicas, culturais e mesmo deportivas.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button