EconomíaEconomíaÚltima hora

Folgoso do Courel convoca axudas para a reactivación económica

Dende o día 22 de xullo, empresarios e autonómos poderán solicitar a subvención, cun importe máximo de 1.000 euros

Fachada frontal da Casa do Concello de Folgoso do Courel. / Foto: cedida.

 

Hoxe, 17 de xullo, o Concello de Folgoso do Courel fixo públicas as bases do Plan de Axuda á Reactivación da Actividade Económica, un proxecto que nace como consecuencia do parón que supuxo a declaración do estado de alarma para a xestión do coronavirus. A liña de axudas extraordinaria está dotada con 25.000 euros que se destinarán a diversas actuacións no ámbito económico, mantemento da actividade e postos de traballo, por peche temporal ou minoración da actividade.

Os interesados poderán solicitar a axuda durante 10 días a partir do 22 de xullo, unha vez que sexa publicada no Boletín Oficial de la Provincia de Lugo. O procedemento de concesión será de concorrencia competitiva e os beneficiarios recibirán un máximo de 1.000 euros. As axudas serán compatibles con calquera outra subvención, ingreso ou recurso provinte de institucións públicas ou privadas sempre e cando o importe recibido non supere as perdas económicas derivadas da pandemia e os gastos necesarios para a adecuación de locais e reapertura de negocios.

A documentación a presentar recóllese nas propias bases e deberá entregarse no Rexistro Xeral do Concello. Os solicitantes poderán ser, ben traballadores por conta propia ou ben aquelas micropemes que cumpran os requisitos que se detallan no proxecto. Os beneficiarios comprométense a continuar coa actividade un mínimo de 6 meses a partir da resolución.

Para ampliar información: info@folgosodocourel.com, 982 43 30 01.

 

Artigos relacionados

Back to top button