I Foliada e Cantos de Taberna no marco da XVI Festa do Botelo

A cita gastronómica do Barco será mañá, 23 de xaneiro, e contará cuns mil comensais
Os Bertolini participarán nos cantos de taberna. /Foto: Carlos G. Hervella.

Os Bertolini participarán nos cantos de taberna. /Foto: Carlos G. Hervella.

Despois dunha semana de actividades promocionais como o encontro de blogueiros e xornalistas ou o obradoiro de pinchos con botelo maridados con viño de Valdeorras, mañá, sábado 23 de xaneiro, chegará o momento de degustar o produto estrela da gastronomía barquense nun xantar oficial, que se celebrará no pavillón de Calabagueiros e que contará cuns mil asistentes.

Mañá será pois o día grande da XVI Festa do Botelo do Barco, que arrancará pola mañá coa posta en marcha dunha feira con produtos variados no Paseo do Malecón e o acto de lectura do pregón a cargo do “Careca VII” e da mención de honra a “Sito, o do Xuiz” que se realizará este ano no Teatro Lauro Olmo do Barco ás 12:30h. O acto contará coas actuacións do cantautor Anxo Rei e do Orfeón
Valdeorrés.

A continuación degustarase o botelo con chourizos, patacas e repolo. A festa continuará pola tarde co programa da TVG “Aquí Galicia” que emitirá en directo o seu programa magazine e xa a partires das sete coa I Foliada e Cantos de Taberna. Oito grupos, que xa amenizarán a comida no pavillón, estarán actuando por varios bares da vila ata as 22h: Sons da Mina (Vila de Cruces), Píngalle o Moco (O Courel), Grupo Mencía (Toral de los Vados), Centro Galicia (Ponferrada), Os Bertolini (Manzaneda), Os Palletas (Quiroga) e Pándega (Valdeorras).

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies