En portadaÚltima hora

O Folión A Caniceira porá ritmo ao Entroido en San Xoán de Río

AC RíoMola e o Concello propoñen un programa centrado no sábado 10 de febreiro
O Folión A Caniceira de Trives. /Foto: Ángeles Rodríguez.

Chega o Entroido a San Xoán de Río!! e malia non ter unha grande tradición, a AC RíoMola e o Concello uniron esforzos para elaborar un programa de actividades para estas datas. “Esperamos que este ano sexa un punto de inflexión para cada ano desfrutar dun mellor Entroido”, explican dende a Asociación Cultural RíoMola.

Centrados na tarde do sábado 10 de febreiro, “para que a xente poida desfrutar o resto de días das actividades dos concellos veciños”, os actos comezarán ás 16h. no Centro Social cun desfile de disfraces e animación musical. “Trátase dunha actividade centrada nos mais novos e se o tempo o permite, farase un desfile polas rúas do concello. En caso contrario a actividade realizarase dentro do local no que todos os asistentes poderán degustar de forma gratuíta chocolate con churros”, explican dende RíoMola.

E xa en torno ás cinco da tarde chegará a Río “o folión máis festeiro e colorido do país”. Tralo desfile pola mañá de Chandrexa de Queixa, A Caniceira chegará a San Xoán de Río para poñerlle ritmo á tarde de sábado, polo que dende a organización animan a todo o mundo “a traer o seu instrumento (bombo, sacho e martelo, etc,) e incorporarse a este desfile tradicional e máxico polas rúas do noso concello ao ritmo da Caniceira”. Ao remate todos os participantes degustarán unhos pinchos no Bar Cruceiro.

 

Cartel do Entroido en San Xoán de Río.

Artigos relacionados

Back to top button