En portadaGalerías de fotosTempo de EntroidosÚltima hora

Folións, Boteiros e Mázcaras no Domingo Corredoiro en Trives

O XII Encontro de Folións, promovido por Os Labregos, enchía a vila de toques do Entroido do oriente ourensán

Un longo e vibrante desfile percorría a vila de Trives na tarde do 31 de xaneiro. Unha ducia de grupos participaban no XII Encontro de Folións que organizaban Os Labregos en colaboración co Concello de Trives. Este era ademais o folión que abría unha longa comitiva que partía da Finca da Barreira. Tamén participaban os outros tres folións triveses: A Lardeira, As Maceiras e A Caniceira. E outros chegados de diferentes puntos do oriente ourensán: Fradelo (Viana do Bolo), Buxán (O Bolo), Carracedo da Serra (A Gudiña), a Asociación Xuntos polo Fulión de Vilariño de Conso, Os Arrieiros de Petín, de Manzaneda, así como os da Veiga e Queixa.

Fotos: Ángeles Rodríguez
Máis información e fotos na edición en papel de febreiro de O Sil e no Especial Entroido

Artigos relacionados

Back to top button