ConcellosGalerías de fotosTempo de EntroidosÚltima hora

Folións e comparsas enchen de ritmo o pavillón de Trives

Polo pavillón en lugar de polas rúas trivesas desfilaban os folións e as comparsas o Martes de Entroido debido ao vento e as chuvias. Primeiro saían á escena as comparsas: “Xogos en Familia”, “Garden Domecelle”, “La tercera edad” e “Somos unha incógnita”. De seguido, soaba o ritmo e o toque intenso dos catro folións triveses: A Caniceira, As Maceiras, Os Labregos e A Lardeira. Ademais parte dos integrantes dos Labregos disfrazábanse de Dálmatas.

Pouco despois, o xurado fallaba os premios do concurso de disfraces do 2016 do Concello de Trives. Os premios eran os seguintes: Xogos en Familia era a vencedora desta edición, seguida de “Garden Domecelle” (2º premio) e de “La tercera Edad”.

A festa continuaba cunha chocolatada acompañada de biscoitos e tamén cunha merenda a base de chourizos.

Fotos: Concello de Trives.

Artigos relacionados

Back to top button
Close