EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Folións do oriente ourensán no desfile previo á XXIV Festa da Cachucha do Carballiño

Ademais dos Arrieiros e dos folións de Fradelo e O Tameirón, tamén desfilaban diversas comparsas e charangas enchendo de ritmo e cor o centro da localidade

Dende a praza da Veracruz poñíase en marcha a partir do mediodía do 18 de febreiro o desfile de folións, comparsas e charangas do Carballiño. Entre os participantes había comparsas como a Ciclón chegada dende Tomiño, así como unha representación do Entroido de Parada de Amoeiro, diversas charangas (como Os Liborianos do Carballiño) e ata tres folións do oriente ourensán: os de Fradelo (Viana do Bolo), O Tameirón (A Gudiña) e Os Arrieiros (Petín).

Despois do desfile, que percorría Curros Enríquez e a Rúa do Paseo, cobraba protagonismo a gastronomía coa celebración do xantar da XXIV Festa da Cachucha do Carballiño en máis de vinte establecementos de hostalaría da vila. Un deles é o Restaurante Esclavo, tal e como pode verse ao final desta galería de fotos.

Pola tarde reanudaranse os desfiles a partires das 17:30h. e logo, ás 19h,. haberá baile na praza Maior coa orquestra Gran Parada.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button