En portadaÚltima hora

Fomento adxudica a redacción do proxecto do tramo Requejo-A Veiga de Cascallá da A-76

O anuncio facíase na Comisión de Fomento do Congreso dos deputados

 

O deputado popular Celso Delgado, intervindo na Comisión de Fomento do Congreso, xunto a Miguel Viso.

Na sesión de control ao goberno na Comisión de Fomento do Congreso, celebrada na tarde do 29 de marzo, o deputado ourensán Celso Delgado Arce preguntaba ao secretario xeral de Infraestruturas, Manuel Niño, sobre a situación actual dos proxectos de estradas que ten en marcha o Ministerio de Fomento na provincia de Ourense.

Referíndose concretamente á autovía A-76 (Ourense-Ponferrada), Niño indicaba que se está traballando na redacción dos proxectos correspondentes aos tramos A Veiga de Cascallá e O Barco de Valdeorras e Villamartín de la Abadía e Requejo, xa na provincia de León. Prevese que estes proxectos se sometan a información pública no primeiro semestre deste ano para poder aprobalos definitivamente.

Con respecto ao tramo intermedio, entre Requejo (León) e A Veiga de Cascallá (Ourense), o secretario xeral de Infraestruturas anunciaba que a redacción do seu proxecto tiña sido adxudicada o pasado día 22, co que agora esperaban asinar o contrato de asistencia técnica para a redacción do proxecto nas próximas semanas e iniciar a súa redacción no primeiro semestre de 2017, “para o que se disporá da correspondente partida nos orzamentos xerais do estado de 2017”.

 

Estrada N-120 ao seu paso por Valdeorras.

Ademais Manuel Niño falaba sobre a nova conexión das estradas N-120 e N-536 no Barco de Valdeorras, máis coñecida como estrada de circunvalación. Sinalaba que na actualidade estanse iniciando os traballos preliminares para o levantamento de actas previas á expropiación.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close