ConcellosÚltima hora

Fomento da integración laboral

Cruz Vermella, Obra Social “la Caixa” e AGP asinan un convenio de colaboración
Asistentes á sinatura do convenio.
Asistentes á sinatura do convenio.

A sede de Cruz Vermella Valdeorras, no Barco, acollía na mañá do xoves 11 de decembro a sinatura dun convenio de colaboración coa Obra Social “la Caixa” e a Asociación Galega de Pizarristas(AGP) para fomentar a integración laboral de personas con especiais dificultades para acceder a un posto de traballo e promover accións de responsabilidade social empresarial no marco de Incorpora. Este é un programa de integración laboral dirixido a persoas con discapacidade, parados de longa duración, ex reclusos, xoves en situacion de vulnerabilidade e vítimas de violencia de xénero, entre outros colectivos.

No acto estiveron presentes o presidente de Cruz Vermella en Valdeorras, Maximino Alonso; o director de Igaxes3, Carlos Rosón (en representación do Grupo Incorpora Galicia; o xerente da AGP Severino González; e Manuel García, director da oficina la Caixa O Barco de Valdeorras, entre outros.

Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button