En portadaÚltima hora

Fonte da Cova (Trevinca) acollerá en decembro unha nova edición da Motoxeda

As inscricións para a Concentración Motorista Invernal esgotábanse en tan só catro días

Motoxeada 2018 en Fonte da Cova. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

Un ano máis moteiros de toda España e incluso Portugal daranse cita en Fonte da Cova (Trevinca) na VI edición da Concentración Motorista Invernal, Motoxeada 2019. E farano coma sempre a mediados de decembro (na fin de semana do 13 ao 15), da man do grupo moteiro Balas Rasas e a asociación Motoxeada, en colaboración co Concello de Carballeda de Valdeorras.

Un ano máis, a xuntanza incluirá un completo programa de actividades para os asistentes. Dende merendas, ceas e festas moteiras, ata rutas turísticas, sesión vermú e mesmo fogos artificiais en homenaxe aos moteiros caídos, sen esquecer o tradicional e ben acollido, porco ao espeto.

 

Programa desta edición da Concentración Motorista Invernal.

 

A beleza do entorno así como a organización fan que o éxito da convocatoria aumenta ano tras ano, ata o punto de que as inscricións para esta edición están esgotadas dende hai case un mes. “Chegamos ao noso cupo máximo de 150 en 4 días (12-16 de outubro). Moitas grazas pola confianza”, apuntan dende a organización a través da súa páxina de Facebook.

Máis información na vindeira edición de O Sil Deportivo e en www.facebook.com/motoxeada/.

Artigos relacionados

Back to top button