ConcellosÚltima hora

Fonte da Cova (Trevinca) acollerá unha nova edición da Motoxeada

A concentración motorista invernal celebrarase do 15 ao 17 de decembro
Panorámica de Fonte da Cova con neve.

Un ano máis Fonte da Cova (Trevinca), convertirase en punto de encontro moteiro. Dende o grupo moteiro Balas Rasas e a asociación Motoxeada, téñeno xa todo preparado para a Motoxeada 2017, a concentración motorista invernal galega que se celebrará do 15 ao 17 de decembro.

Despois do éxito das pasadas edicións e coa colaboración do Concello de Carballeda de Valdeorras, a xuntanza incluirá un completo programa de actividades para os asistentes. Dende merendas, ceas e festas moteiras, ata rutas turísticas, sesión vermú, unha charla-coloquio sobre viaxes en moto ou fogos artificiais, sen esquecer o tradicional e ben acollido, porco ao espeto.

 

Programa da Motoxeada 2017.

Máis información no seguinte enlace: https://www.facebook.com/motoxeada2017/

Artigos relacionados

Back to top button