A RúaConcellosÚltima hora

Fontei (A Rúa) celebra o seu magosto popular organizado pola asociación de veciños

 

Primeiro foi a Rúa Vella, despois a Estación e agora tocáballe o turno a Fontei. Son os tres magostos populares que se celebraban este ano na Rúa.

 

Gran fogueira en Fontei para facer fronte á fría noite.

 

O de Fontei, organizado pola asociación de veciños tiña lugar na noite deste sábado 13 de novembro no lugra de costume, a praza do Campo, Enriqueta Casanova e ademais dos bullotes recén asados na mesma praza, os asistentes desfrutaron de bicas, viño e licores caseiros, así como dunha boa velada malia o frío.

 

Asando as castañas no magosto de Fontei.

 

Tal como avanzan dende a organización, o magosto estivo “mui concurrido, unha mostra de boa veciñanza”.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button