ConcellosÚltima hora

Fontei (A Rúa) celebrará este ano o San Antón sen orquestras nin procesión

O 13 de xuño haberá unha misa na igrexa de Nosa Sra. de Fátima co aforo reducido

Procesión de San Antón o ano pasado. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

Sen música, sen cea e sen procesión. A festa na honra a San Antón na parroquia ruesa de Fontei celebrarase este ano sen ningún tipo de festexo, tamén a consecuencia da crise do coronavirus.

Así o confirmaban dende a comisión de festas, encargada cada ano de organizar o programa lúdico que arranca coa cea popular e inclúe moita música a cargo de dúos, orquestras e a Escola de Baile e Música Tradicional Abertal, asegurando que este ano unicamente se celebrarán os cultos relixiosos, e non todos.

 

Baile nas festas de San Antón, en Fontei. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

Na tarde de mañá, 4 de xuño, comezará a novena que se celebrará todos os días ás 20:30h. cumprindo coas normas de aforo e hixiene. A mesmas que deberán seguirse o día de San Antón, sábado 13 de xuño, na eucaristía que se celebrará na honra ao santo. A hora non está confirmada pero será entre ás 12 e as 12:30h. e será sen procesión co cal a imaxe de San Antón non saíra este ano polas rúas de Fontei precedida das mozas coas roscas casamenteiras que máis tarde se venden na praza.

 

Artigos relacionados

Back to top button