En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Fontei (A Rúa) pecha a Festa de Fátima coa procesión da despedida

A comitiva estivo encabezada polos nenos de Primeira Comuñón

Un ano máis, a chuvia foi unha das protagonistas nas dúas procesións na honra á Virxe de Fátima en Fontei (A Rúa). A das antorchas, prevista para o venres 11 de maio, non se celebraba (a imaxe nocturna ilumínase cunha batería que non pode mollarse) e a da despedida do domingo día 13 estivo a piques de suspenderse tamén.

Chuviñando aos poucos, e trala última misa do programa ás 18h., o párroco dubidou ata o último momento pero finalmente, pasadas as sete da tarde saía a comitiva, encabezada polos nenos da Primeira Comuñón.

Despois do percorrido polas rúas Telesforo Ojea, Progreso, Doutor Vila, Cervantes, Benito Fernández e Padre Feijóo, a imaxe de Fátima era conducida novamente ao interior da igrexa, xa baixo a chuvia que finalmente caía con máis forza, mentres os fieis baixos os paraugas despedíana cos panos brancos ata o vindeiro ano.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button