En portadaÚltima hora

Fontei (A Rúa) prepárase para celebrar o San Antón

O seu día central será o 13 de xuño, pero os actos continuarán ata o día 16 con propostas como a cea popular
Procesión de San Antón en Fontei (A Rúa)./ Foto: Mónica G. Bellver.

O son dos foguetes anunciará o inicio da Festa de San Antón en Fontei (A Rúa) ás 9h. do xoves 13 de xuño. Despois, ás 10h. a Charanga Nova Terra de Trives encherá co seu ritmo as rúas desta zona. Ás 12:30h. sairá a procesión coa venerada imaxe de San Antón, co percorrido de costume. Na comitiva relixiosa tampouco faltarán as tradicionais “roscas casamenteiras”, portadas polas mulleres. A continuación darase paso á misa.

Pola noite, ás 21:30h. haberá baile coa actuación da orquestra Televisión. Esta mesma orquestra será a encargada de animar a verbena a partires da unha e media da madrugada. Os actos continuarán o venres 14 de xuño con baile ás 21:30h. coa Disco Móvil Stuu, que tamén lle porá son á verbena á unha da madrugada. A música marcará así mesmo a noite do sábado 15 de xuño coa actuación do grupo Chastton Show ás 21:30h.

Ademais ás 22h. comezará a servirse a XI Cea Popular nunha carpa instalada na praza de Fontei. O remate da cea será musical e correrá a cargo de Chastton Show e da Disco Móbil A Gramola. E así darase paso á derradeira xornada das Festas de San Antón, a do domingo 16 de xuño. Ás 14h. está prevista unha sesión vermú na que tocará a orquestra La Dimensión.

Pola tarde, a música será de novo a protagonista, pero desta volta cun estilo ben diferente. Así ás 20h. poderá desfrutarse dunha actuación do Grupo de Gaitas da Escola de Música e Baile Abertal da Rúa. Ás 21:30h. soará outra vez a orquestra La Dimensión que animará logo, a partir da unha da madrugada, a verbena.

Artigos relacionados

Back to top button