ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Fontei despide as Festas de San Antonio

A procesión co santo e as “roscas casamenteiras” centrou a programación na mañá do luns 13 de xuño

Unha tirada de bombas de palenque en torno ás dez da mañá, anunciaba o comezo do último día das festas na honra ao San Antonio en Fontei (A Rúa). Unha xornada (non festiva) cuxa programación relixiosa centrábase na multitudinaria procesión coa imaxe do Santo e as famosas “roscas casamenteiras” (que máis tarde eran vendecidas e vendidas na praza).

A comitiva, co párroco Lisardo Paradelo á cabeza e o acompañamento musical da charanga Nova Terras de Trives, saía ás 12:30h. da igrexa de Nosa Señora de Fátima, percorrendo algunas das rúas de Fontei, chegando ata a Progreso pola Telesforo Ojea e regresando de novo á igrexa onde tiña lugar a eucaristía, pola rúa Padre Feijóo.

A festa continúa pola tarde, coa actuación da orquestra Israel Espectáculo en sesión de tarde e verbena. O broche á programación poráo coma sempre a chocolatada á que cada ano convida a comisión.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button