En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Fontei pecha as festas na honra a San Antón

A procesión coa imaxe do santo e as tradicionais “roscas casamenteiras” centrou os actos do día festivo na Rúa

Despois de tres días de actos (cea popular, música, xogos,…), A Rúa vive hoxe, 13 de xuño, o último día das festas na honra a San Antón en Fontei. Unha xornada festiva na localidade valdeorresa cuxa programación relixiosa estivo centrada na procesión coa imaxe do Santo e as famosas “roscas casamenteiras” que máis tarde eran vendecidas e vendidas na praza.

A comitiva, co párroco Lisardo Paradelo á cabeza e o acompañamento musical da charanga Nova Terras de Trives, saía ás 12:30h. da igrexa de Nosa Señora de Fátima facendo un percorrido máis curto que noutras ocasións polas rúas de Fontei, sen chegar ata a Progreso, regresando de novo á igrexa onde tiña lugar a eucaristía.

A festa continúa pola tarde, coa actuación da orquestra Ledicia en sesión de tarde e verbena. No marco das festas tamén se presenta o novo libro de Asunción Arias, ás 20h. na Casa parroquial.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button