Especial NadalMonográficos

Fontes de vida e saúde

En Galicia hai catalogadas máis de 300 captacións mineromedicinais, a maioría termais
Foto: Carlos G. Hervella
Foto: Carlos G. Hervella

A imaxe e fama de Galicia como terra bañada por mil ríos onde non para de chover, fai referencia a un dos seus bens máis prezados: a auga. Pero máis aló da chuvia e dos caudais fluviais, na terra galega abrollaron numerosos mananciais de augas quentes con propiedades medicinais. De feito as propiedades salutíferas dos mananciais galegos son coñecidas dende tempos anteriores á conquista romana cos nomes de “caldas” ou “burgas” ao redor dos cales medraron vilas e cidades que aínda hoxe levan o nome como referencia.

Segundo a Ley de regulación das augas para o uso humano en Galicia, as augas clasifícanse en tres grupos: minerais, termais e de manancial. As primeiras divídense á súa vez en tres tipos: as minerais naturais; as minero-industriais; e as mineromedicinais. Estas últimas son as nacidas natural ou artificialmente e que polas súas características e cualidades son declaradas de utilidade pública e aptas para tratamentos terapéuticos. Segundo a composición mineral poden ser ferruxinosas, cloruradas, sulfurosas, sulfatadas, bicarbonatadas e radiactivas, cada unha indicada para unha ou varias doenzas.

Con respecto ás augas termais son aquelas minerais cuxa temperatura de surxencia sexa superior, polo menos en catro graos centígrados, á media anual do lugar no que nacen baixo terra. A estrutura terrestre en Galicia, moi especialmente en Ourense, favorece a surxencia deste tipo de augas. De feito, en pleno casco urbano emerxen a máis de 60ºC e un caudal de 300 litros/minuto, as Burgas, un dos mananciais termais máis importantes de España.

En Ourense a temperatura atmosférica media é de 14,5ºC polo que considérase termal toda a que mana a 18,5º ou máis, cunha gran variación entre as augas da fonte Burga Baixa que mana a 66,3ºC, e a que xurde á beira do río Miño, en Reza, a 19,4º. En relación ao caudal tamén oscila entre o máximo detectado en Outariz, con 8 litros por segundo e o mínimo rexistrado na fonte As Caldas, de 0,01 l/s.

Texto: Mónica G. Bellver Foto: Carlos G. Hervella
(Máis información na edición en papel do Periódico O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button