ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Formación en auxilio e rescate en terreo nevado, na estación de Manzaneda

Este curso foi promovido polo Concello de Manzaneda e pola súa Agrupación de Protección Civil

Vinte persoas participaban na fin de semana do 7 e 8 de febreiro no “Curso teórico-práctico de búsqueda, auxilio e rescate en terreo nevado” que se desenvolvía na estación de montaña de Manzaneda. Esta acción formativa, promovida polo Concello de Manzaneda e pola súa agrupación de Protección Civil, foi impartida polo doutor Antonio Ulloa Reinoso.

O obxectivo deste curso era ensinar a previr accidentes na práctica de actividades en montaña invernal, ademais de achegar as habilidades necesarias para realizar labores de localización, asistencia urxente ou rescate.

O acto de entrega de diplomas, que tiña lugar na tarde do 8 de febreiro, contaba coa presenza do alcalde de Manzaneda, David Rodríguez, do xefe territorial de Emerxencias, Jorge Llorente Vázquez, e tamén do xefe de área técnica, Olivier Reboredo Campos.

Dada a boa acollida deste curso, e tendo en conta que hai días que se esgotaban as súas prazas, a organización decidía levar a cabo unha segunda edición desta acción formativa que se impartirá os días 28 de febreiro e 1 de marzo.

Fotos: Clemente Pérez Arias e JR Manolo

Artigos relacionados

Back to top button