En portadaGalerías de fotos

Formación en emerxencias en terreo nevado en Manzaneda

Publicidade
A segunda edición deste curso, desenvolvido na única estación de montaña de Galicia, tiña lugar na derradeira fin de semana de febreiro

Dende voluntarios de Protección Civil e da Cruz Vermella, ata persoal sanitario (médicos e ATS) do Samur-Protección Civil e Summa 112, profesionais dos GES, deportistas de montaña ou formadores de rescate en altura. O perfil do alumnado que participaba nas dúas edicións do curso “Búsqueda, Auxilio e Rescate en terreo nevado” era moi variado. Se ben todos tiñan un nexo común: voluntarios e profesionais do mundo das emerxencias e amantes da montaña. Así o destacan dende a organización desta acción formativa, cuxa segunda edición tiña lugar na última fin de semana de febreiro na Estación de Montaña de Manzaneda.

A iniciativa foi promovida pola Agrupación de Protección Civil de Manzaneda e o Concello de Manzaneda, coa colaboración de Oca Nova Manzaneda e impartido pola Escola de Formación Ulloa de Salvamento. “Dende a organización, queremos manifestar a nosa gratitude a todas/os as/os alumnas/os que se achegaron ata Manzaneda para formarse e tamén lla queremos amosar ao xefe provincial de Emerxencias, Jorge Llorente, e ao persoal do seu servizo, polo seu apoio achegándose unha vez máis á entrega de diplomas aos participantes. Manifestar tamén gratitude ao Concello de Manzaneda polo seu apoio e a Oca Nova Manzaneda pola súa colaboración”.

Con este curso completábanse unha serie de actividades de formación específica promovidas dende a Agrupación de protencción Civil de Manzaneda, que, “na medida das súas posibilidades, vai seguir promovendo este tipo de cursos de formación para os seus voluntarios e todas/os os interesados”, adiantan.

Fotos cedidas por Clemente Pérez Arias

Artigos relacionados

Back to top button