EconomíaEconomíaÚltima hora

Formación para loitar contra a vespa velutina, na Rúa

O vindeiro 18 de novembro a Asociación Valdeorresa de Apicultores organizará unha xornada adicada a este tema no Centro Cultural Avenida
Imaxe dunha vespa velutina capturada.

Xa se teñen detectado exemplares en Valdeorras e na comarca trivesa e a súa presenza preocupa, e moito, aos apicultores. Ante a problemática “que se nos aveciña, pola invasión da vespa velutina”, a Asociación Valdeorresa de Apicultores organizará o vindeiro sábado 18 de novembro unha xornada formativa a partires das 17:30h. no Centro Cultural Avenida da Rúa (rúa Progreso).

Será impartida por Lolo Andrade, técnico de Protección Civil de Cambre e entomólogo, que se centrará nas “medidas para unha loita máis eficaz contra a Vespa Velutina”.

 

Lolo Andrade impartirá esta xornada formativa na Rúa.

Artigos relacionados

Back to top button