EconomíaEconomíaÚltima hora

Formación para loitar contra a varroa, en Valdeorras

O 28 de xullo a Asociación Valdeorresa de Apicultores organizará un curso sobre este tema en Vilamartín
Imaxe dun colmear./ Foto: Carlos G. Hervella.

A partires das dez da mañá do vindeiro 28 de xullo impartirase en Vilamartín o curso “Loita contra a varroa con ácido oxálico”. Esta iniciativa formativa será organizada pola Asociación Valdeorresa de Apicultores, que preside Armando Rodríguez, e terá lugar no Centro Cultural Santa Lucía.

Dende a organización tamén se indica que os participantes que dispoñan de material, poden traelo para realizar as prácticas.

Máis información:
aapicolavaldeorras@gmail.com

Artigos relacionados

Back to top button