ConcellosÚltima hora

Formación para loitar contra a velutina da man do experto Lolo Andrade, o 10 de novembro en Vilamartín

Estará organizada pola Asociación Valdeorresa de Apicultores e comezará ás 10:30h. no Centro Cultural Santa Lucía
O experto en velutina Lolo Andrade, nun cursiño impartido o pasado ano en Valdeorras./ Foto: Ángeles Rodríguez.

 

Co fin de coñecer como facerlle fronte da forma máis eficaz posible á Vespa velutina, a Asociación Valdeorresa de Apicultores organizará o vindeiro 10 de novembro ás 10:30h. unha acción formativa no Centro Cultural Santa Lucía de Vilamartín. Dende esta entidade apóstase por este tipo de iniciativas divulgativas dada “a problemática que se nos aveciña, pola invasión deste insecto, do que xa se retiraron ou neutralizaron 19 niños na comarca de Valdeorras, e en Quiroga tamén foron numerosos”, indica o seu presidente, Armando Rodríguez.

Esta sesión correrá a cargo do entomólogo e técnico de Protección Civil de Cambre, Lolo Andrade. Nela abordará a “destrución, neutralización ou retirada de niños de Vespa velutina, así como a protección individual e do medio ambiente”.

O relatorio é aberto e dende a Asociación Valdeorresa de Apicultores destácase a importancia de que asistan membros do persoal dos diferentes municipios da zona “relacionados coa área de Protección Civil, GES, Policía Municipal e operarios, e en xeral os veciños porque non somos conscientes do problema que se nos aveciña”, indica Armando Rodríguez.

 

Cartel da xornada.

 

Artigos relacionados

Back to top button