EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Formalízase un investimento de case 750 000 euros para a mellora das comarcas vitivinícolas de Galicia

Valdeorras, Ribeiro, e Ribeira Sacra están entre as Denominacións de Orixe que abrangue esta cifra

Os conselleiros de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e do Medio Rural, José González, xunto co presidente da Fundación Juana de Vega, Enrique Sáez, asinaron esta mañá o convenio de colaboración para a elaboración da Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas de Galicia.

 

 

Neste acto formalizouse un acordo de investimento de 748 ooo euros para a dinamización do sector vitivinícola galego e dos territorios das cinco denominacións de orixe vitivinícolas de Galicia (Rías Baixas, Ribeiro, Valdeorras, Ribeira Sacra e Monterrei) e das catro indicacións xeográficas protexidas (Val do Miño, Betanzos, Barbanza e Iria, Ribeira do Morrazo).

Nesta liña, para levar a cabo as accións previstas na Estratexia, ao convenio asinado hoxe, que conta cun orzamento superior aos 388.000 euros, engadiranse outros 360.000 euros do Plan de internacionalización para o viño e os licores de Galicia que impulsa o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

 

Artigos relacionados

Back to top button