DeportesÚltima hora

Formando a monitores de natación no CIFP A Farixa de Ourense

17 alumnos e exalumnos do Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas asistiron ao curso impartido en abril
Asistentes ao curso de Monitor de Natación impartido no CIFP A Farixa.

O CIFP A Farixa de Ourense vén de acoller unha serie de sesións teórico-prácticas que forman parte dun curso extraordinario para obter o título de Monitor Nacional de Natación, titulación oficial da Real Federación Española de Natación.

O curso, impartido no mes de abril, levouse a cabo grazas a un acordo de colaboración entre o centro educativo ourensán e a Escola Nacional de Adestradores da Federación e nel, participaron 17 alumnos e exalumnos do Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas (TAFAD) que se imparte no CIFP A Farixa.

Tal como explica José Manuel Paredes, profesor do TAFAD na Farixa, profesor da RFEN e xefe de estudos do curso, o título de Monitor Nacional de Natación “é o primeiro nivel federativo necesario para todo aquel que queira continuar a súa formación no ámbito da escola nacional da RFEN como adestrador de natación, sincronizada, saltos ou waterpolo”.

Dada a boa acollida que tivo a iniciativa por parte do alumnado e “do éxito da experiencia, prevese que esta modalidade de curso extraordinario, orientado a alumnado de TAFAD, teña continuidade nos vindeiros cursos”, asegura Paredes.

Artigos relacionados

Back to top button