PolíticaÚltima hora

Formoso (PSdeG-PSOE) insta á Xunta a pedir a declaración de zona catastrófica para Valdeorras e O Courel polos lumes

O secretario xeral do PSdeG asegura que aproveitará a asistencia ao Comité Federal do PSOE para pedirlle a Pedro Sánchez que teña en conta a petición para mobilizar toda a axuda posible

Publicidade
Valentín González Formoso, no Comité Federal do PSOE./ Cedida.

 

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, emprazaba hoxe á Xunta a non perder máis tempo e a dirixirse ao goberno do Estado para solicitar formalmente a declaración de zona catastrófica para O Courel e Valdeorras, zonas afectadas polos incendios forestais. “Esta medida permitiría mobilizar toda a axuda posible para as persoas que perderon os seus fogares ou que viron danadas as súas explotacións agropecuarias e todo tipo de establecementos empresariais”, din Formoso.

O número un dos socialistas galegos, que este sábado asistiu en Madrid ao Comité Federal do PSOE, valorou ao inicio da xuntanza que “faise imprescindible que o goberno galego pida oficialmente esta declaración de zona catastrófica, algo que de momento non aconteceu”. Do mesmo xeito avanzou que vai pedir esta declaración directamente ao presidente Pedro Sánchez, aproveitando a reunión orgánica na rúa Ferraz.

 

 

“A consideración administrativa de zona catastrófica comportaría algunhas vantaxes e compensacións para as persoas damnificadas polos lumes forestais. Entre as posibilidades que ofrece a declaración do Consello de Ministros están as medidas compensatorias a nivel económico para os particulares afectados, accións para incentivar a recuperación empresarial e económica dos territorios ou axudas para a activación no plano laboral”, segundo explica do PSdeG-PSOE.

Estas accións permitirían compensar no plano económico a veciños, agricultores e pequenos empresarios “para recuperar parte dos bens perdidos” aínda que Formoso insiste en que “a parte emocional non se recupera con cartos”.

O líder do PSdeG confía en que o goberno do Estado acepte a petición xa que o propio Pedro Sánchez puido coñecer en primeira persoa “o efecto devastador do lume no noso país” no transcurso dunha visita que Formoso agradeceu “en nome de todos os galegos e as galegas”.

Artigos relacionados

Back to top button