OurenseÚltima hora

Foro da Biomasa de Galicia en San Cibrao das Viñas

Galicia Calidade certificará a orixe e calidade dos pellets e estelas producidos a partir da biomasa forestal galega
O conselleiro de Economía, con outras autoridades no Foro Biomasa.
O conselleiro de Economía, con outras autoridades no Foro Biomasa.

A comunidade galega contará cun selo que garantirá a trazabilidade e a calidade deste combustible feito en Galicia. Anunciabáo o conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, o 13 de xaneiro no acto de inauguración do Foro da Biomasa de Galicia, en San Cibrao das Viñas. E matizaba que será Galicia Calidade quen certificará a orixe e calidade dos pellets e estelas producidos a partir da biomasa forestal galega.

“Deste xeito, non só incluímos á biomasa galega no catálogo de produtos excelentes, senón que garantimos que particulares, empresas e institucións empreguen recursos procedentes do monte galego, procesados de xeito responsable, e coa mellor calidade e potencia calorífica”, resaltaba o conselleiro, para quen o selo potenciará o posicionamento do produto galego ante o incremento da demanda.

A creación deste selo encádrase, segundo Francisco Conde, no contexto da Estratexia Integral de impulso da Biomasa Forestal que está a promover a Xuunta, e que prevía a constitución do Foro da Biomasa como “mecanismo aberto e participativo” no que impulsar a cooperación e identificar novas oportunidades de negocio, innovación e desenvolvemento tecnolóxico, tal e como indicaba.

Artigos relacionados

Back to top button