ConcellosÚltima hora

“Foro Trives 2015”, do 10 ao 11 de decembro

Estas xornadas, promovidas polos concellos de Trives e Manzaneda e pola Cooperativa TuTrives, reunirán a unha vintena de expertos na vila trivesa

Detalle do cartaz do "Foro Trives 2015".
Detalle do cartaz do “Foro Trives 2015”.

Cooperativismo e dinamización do rural, turismo e innovación tecnolóxica. Son os referentes cos que se celebrará o “Foro Trives 2015. Iniciativas e propostas de desenvolvemento rural” os días 10 e 11 de decembro no Auditorio de Trives. Estas xornadas, estruturadas en seis mesas redondas, amosarán diversas experiencias en funcionamento que apostan polo futuro do medio rural dunha forma sustentable.

Así o programa deste foro abrirase o 10 de decembro ás 10h. coa mesa redonda “Turismo e desenvolvemento local. O medio natural como recurso”, á que seguirá outra sobre “o produto local como recurso”. O programa retomarase pola tarde abordando “A importancia do compoñente innovador no desenvolvemento rural”. Ademais a partires das nove da noite farase unha visita ás instalacións de Amarelante Sociedade Cooperativa (SCG) en Manzaneda, seguida dun magosto tradicional.

A segunda xornada do foro comezará o día 11 ás dez da mañá cunha nova mesa redonda sobre as “Experiencias en estruturas e sistemas cooperativos”, na que participarán como relatores David Rodríguez (Amarelante), Ascensión Fernández e Andrés Luis (cooperativa TuTrives) e Xosé Luis Vaz (Cooperativa Biocoop). O programa de intervencións pecharase coa mesa redonda “Cara unha economía colaborativa en apoio do medio rural”. O foro finalizará cunha lectura de conclusións: a“Declaración de Trives e Manzaneda sobre o desenvolvemento rural”. Este encontro formativo será organizado por TuTrives e polos Concellos de Manzaneda e Trives en colaboración con outras entidades como a Universidade de Vigo.

Artigos relacionados

Back to top button
Close