En portadaÚltima hora

Forte tormenta con pedra nas zonas de Éntoma e Sobradelo

Viñedos danados pola pedra en Éntoma (O Barco).

 

A tormenta deixábase sentir con moita intensidade en puntos da comarca de Valdeorras como Éntoma (O Barco) ou Sobradelo (Carballeda de Valdeorras). Comezaba a partir das tres da tarde con aparato eléctrico, moita chuvia e tamén pedra, que danaba moitos viñedos da zona.

Ademais varias zonas de Éntoma resultaban inundadas e tamén marchaba a luz. O subministro eléctrico non se recuperaba ata pasadas as seis e media da tarde, segundo informan os veciños.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button