En portadaÚltima hora

A forza do Entroido ourensán toma Compostela

Os folións de Manzaneda, Viana do Bolo ou Vilariño de Conso, entre outros Entroidos da provincia, participaban nun desfile promocional na capital galega

Representantes de Entroidos galegos declarados como Festas de Interese Turístico participaban na mañá do 9 de setembro en Santiago nun desfile promocional desta celebración de inverno. Eran máis de 300 as persoas as que formaban parte da comitiva, coa participación dos potentes e engaiolantes Folións de Manzaneda (coas súas vistosas Mázcaras), de Viana do Bolo e Vilariño de Conso (cos seus Boeiros), as Pantallas de Xinzo de Limia e os Cigarróns de Verín.

Tamén podía verse o Entroido de Cobres, especial pola súa elegancia coas súas Madamas e Galáns, así como o dos Xenerais da Ulla. Como convidados nesta edición participaban o Entroido Ribeirao, cos Volantes de Santiago de Arriba (Chantada) e o ourensán das Bonitas de Sande, coas figuras da Vaca e do Oso que protagonizan os seus días grandes.

Nesta galería de fotos poden verse imaxes do Folión e as Mázcaras de Manzaneda e do Entroido Ribeirao.

Máis información e fotos:
https://osil.info/toque-folion-de-vilarino-polas-ruas-de-santiago/

Artigos relacionados

Back to top button