EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

“Foto de familia” para ilustrar o cartel de Nadal de Aeva e do Barco CCA

“Queres formar parte do noso cartel de Nadal?”. Era a invitación que se lanzaba dende O Barco CCA e AEVA no mediodía do 17 de novembro. As persoas que respondían a esta proposta congregábanse na praza do Concello da vila. Alí tomábanse unhas fotos, realizadas por Carlos G. Hervella  (fotógrafo do Periódico O Sil), unha das cales seleccionarase para ilustrar o cartel da campaña de Nadal destas dúas asociacións empresariais valdeorresas.

Despois da foto, tiña lugar un sorteo de agasallos e os asistentes eran convidados a unha chocolatada.

Fotos: O Sil.

Máis fotos en:
https://osil.info/os-preparativos-da-foto-do-cartel-de-nadal-do-barco-cca-e-de-aeva-en-imaxes/

Artigos relacionados

Back to top button