EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Fradelo celebra a XIX Festa do Xato

Ademais dun xantar exaltando á carne de tenreira, pola tarde esta localidade vianesa recibía a visita de dous folións

Arredor da mesa comezaban o Sábado de Entroido os veciños de Fradelo (Viana do Bolo). Como dende hai dezanove anos xuntábanse no Teleclub para celebrar a Festa do Xato, cun menú a base desta carne producida na zona e asada no forno comunal. Despois, viñan as sobremesas, e, como noutras edicións, a homenaxe a unha persoa polo seu apoio ao Entroido e ao folión de Fradelo. Neste caso foi a Florentina Alves Pires, que recibía unha placa como agasallo.

Xa pola tarde, ao escurecer, os folións de Carracedo da Serra (A Gudiña) e o dos Labregos (Trives) visitaban Fradelo, e xunto ao local, daban unha ronda pola aldea que remataba cunha merenda agasallo dos anfitrións.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button
Close