OurenseÚltima hora

Franciscanas de Ourense, centro recoñecido no certame literario Relatos de Auga Intelixente

A entrega de premios tiña lugar na mañá deste xoves 29 de abril no Concello de Ourense

 

Na mañá deste xoves 29 de abril, o salón de plenos do Concello de Ourense acollía a entrega dos premios da VII edición do certame literario Relatos de Auga Intelixente, destinado a escolares entre 12 e 17 anos, e organizado por Viaqua, centrado nesta edición no impacto que teñen os produtos non degradables no medio e nas redes de saneamento.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, amosouse sorprendido da calidade dos relatos gañadores, e animou os escolares a seguir os ditados da súa creatividade. “A finalidade principal do certame é concienciar sobre os problemas sociais, económicos e ambientais derivados dun mal uso do sistema de saneamento, concretamente do retrete, así como as medidas que se poden empregar nas cidades e núcleos de poboación de menor tamaño, e no noso día a día, para conseguir vivir nun mundo máis sostible”, dixo Ana Tejeiro, Xerente de Viaqua en Ourense.

Nun ano marcado pola pandemia, a cal esixiu ao colexios adaptarse a esta nova situación, recibiuse preto de 400 relatos de centros educativos de toda Galicia. A concesionaria quere aproveitar o acto para agradecer ao profesorado a súa implicación “sen eles e o seu apoio, manter un certame literario por sétimo ano consecutivo e con traballo de gran nivel non sería posible”, afirma Marcos Martín, Director de Viaqua.

 

Entrega de premios no Concello de Ourense.

 

Na categoría de relatos clásicos, o primeiro premio foi para A culpa, de María Victoria Outeiriño (2º ESO do Colexio Carmelitas);e na categoría de relatos creativos, o relato premiado foi Cambia tu vida, no tu planeta, de Gabriel Gallego, (3º ESO do Colexio Franciscanas).

Pola súa banda, o Colexio Divina Pastora (Franciscanas de Ourense) fíxose co recoñecemento do xurado ao centro escolar que presentou ao concurso o maior número de relatos dos seus alumnos e alumnas, cun total de 158 relatos.

Ecovixiantes de Franciscanas, “Únete ao reto”

Ademais de ser recoñecido no concurso, os Ecovixiantes de Franciscanas celebraban onte a sexta xornada da campaña de Ecoembes “Úneche ao reto”, que termina este venres 30 de abril. Na zona do Campus de Ourense, Pista Vermella, depositaron os envases lixeiros xerados no colexio, fundamentalmente no comedor escolar, así como os recollidos na limpeza de onte. “Foi unha xornada máis de concienciación ecolóxica, nunha zona bastante sucia”, asegura o profesor Lalo Sánchez.

 

 

Tamén reanudaron a limpeza das cabichas, con 17 cabichómetros construídos con material reciclado e que tamén depositarons nos seus lugares respectivos. Ademais fomentaron hábitos de vida saudable co proxecto Stars da DXT e os seus desprazamentos sostibles. “Pero non quedou aí a cousa e retomamos a tradicional liga de futbito, cun interesante encontro, onde o equipo dos profesores Cristina e Lalo, o Sporting Sogama, impúxose por un axustado 7 a 6 ao loitador Atlético Pilabot”, puntualiza Lalo. Finalmente foron premiados con froita e cun interesante libro de aventuras para cada un.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button