PolíticaÚltima hora

Francisco Caamaño e Santiago Roura falarán sobre a “reforma constitucional” no Barco

Será nunha conferencia-coloquio, organizada polas Xuventudes Socialistas, prevista para o 12 de novembro ás 20:30h.
Imaxe da presentación da conferencia-coloquio./ Foto: Ángeles Rodríguez.
Imaxe da presentación da conferencia-coloquio./ Foto: Ángeles Rodríguez.

O salón do edificio multiusos do Barco acollerá o 12 de novembro ás 20:30h. a conferencia-coloquio titulada “Reforma constitucional, un novo pacto de convivencia”. Trátase dunha iniciativa xurdida dende as Xuventudes Socialistas do Barco e que traerá á vila a dous ponentes de referencia. Un deles será Francisco Caamaño Domínguez, ex ministro de Xustiza e catedrático de Dereito Constitucional na Universidade de Valencia, quen falará sobre “federalismo” e “dereitos fundamentais e sociais”.

Adrián Borrajo, de Xuventudes Socialistas, e Aurentino Alonso do PSdeG-PSOE do Barco./ Foto: Ángeles Rodríguez.
Adrián Borrajo, de Xuventudes Socialistas, e Aurentino Alonso do PSdeG-PSOE do Barco./ Foto: Ángeles Rodríguez.

Ademais nesta conferencia participará Santiago Roura Gómez, ex secretario xeral da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia, ex director xeral de Xustiza e profesor titular de Dereito Constitucional na Universidade da Coruña. A súa intervención centrarase na “reforma institucional que necesita o congreso” e tamén no “fortalecemento democrático”. Así o adiantaba en rolda de prensa o secretario xeral de Xuventudes Socialistas do Barco, Adrián Borrajo, nunha rolda de prensa celebrada o 6 de novembro, na que estaba acompañado polo tamén socialista Aurentino Alonso.

Esta conferencia-coloquio será organizada por Xuventudes Socialistas e polo PSdeG-PSOE do Barco.

Artigos relacionados

Back to top button