CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

Francisco Castro presenta o seu libro “Iridium” no IES Lauro Olmo do Barco

A súa intervención ía precedida pola proxección dun pequeno vídeo que tiña como protagonistas ás persoas con Dano Cerebral Adquirido

O escritor e director da editorial Galaxia, Francisco Castro, presentaba o seu novo libro “Iridium”, cuxa protagonista é unha rapaza con Dano Cerebral Adquirido (DAC), no mediodía de 3 abril no salón de actos do IES Lauro Olmo do Barco. O acto iniciábase coa proxección dun pequeno vídeo que recollía as experiencias de varia persoas con DAC.

Na presentación tamén participaba a neuropsicóloga de Alento, Asociación de Dano Cerebral de Vigo, Amparo Rodicio, para achegar a realidade das persoas afectadas polo DAC ao alumnado barquense.

Fotos: A.R.

 

Artigos relacionados

Back to top button