OurenseÚltima hora

Francisco Fumega empeza un novo mandato como alcalde do Carballiño

Os membros da nova Corporación do Carballiño tomaban posesión nunha sesión plenaria que se celebraba na mañá deste sábado 15 de xuño. Dela forman parte 17 concelleiros, dos cales nove son do partido socialista, 4 do PP, 3 de Espazo Común e 1 do BNG.

Neste mesmo pleno resultaba ademais elixido novamente como alcalde o candidato socialista Francisco Fumega, que inicia así unha nova lexislatura como rexedor, pero desta volta con maioría absoluta.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button