CulturaCultura

“Frantz”, do francés François Ozon, este mércores no Cineclube Padre Feijóo

Fotograma da película.

O Cineclube Pade Feijóo continúa o seu ciclo de cine “Europa era unha vaca” e para o mércores proxectarán, na súa sala da Biblioteca Municipal, a película “Frantz”, do director francés François Ozon.

Un drama que transcorre nunha pequena cidade alemá, pouco tempo despois da Primeira Guerra Mundial. Nesta historia, Anna vai visitar todos os días a tumba do seu prometido Frantz, que fóra asasinado en Francia. Pero un día, Adrien, un mozo francés moi mentireiro, tamén deixa flores na tumba. A súa presencia suscitará reaccións imprevistas nun entorno marcado pola derrota alemá.

Esta película terá tres pases: un ás 18:00 horas, outro ás 20:30 horas e o último ás 23:00. O prezo da entrada é de 4 euros para os asociados e de 5 euros para o público xeral. A película non está recomendada para menores de sete anos.

 

Artigos relacionados

Back to top button