En portadaÚltima hora

Fréase a curva do Covid no Barco que rexistra 183 casos activos, 3 menos que onte

Imaxe do centro do Barco./ Foto: A.R.

 

Xornada de descenso, despois de moitos días, na curva do coronavirus no Barco. Segundo os últimos datos feitos públicos polo Sergas neste 23 de xullo (actualizados ás 18h. de onte), son 183 os casos activos de Covid-19 rexistrados neste municipio, o que supón 3 menos que onte.

A incidencia acumulada no municipio sitúase nos últimos 7 días en >250, mentres que nos útimos 14 días está en >500, segundo a Consellería de Sanidade.

 

Fonte: Consellería de Sanidade.

Artigos relacionados

Back to top button