CulturaCulturaÚltima hora

Frei Chitín, toque de humor entroideiro no Festival de Curtas de Verín

Miguel Ángel Sotelo, actor que da vida a “Frei Chitín”, durante a presentación da actividade paralela desta tarde./ Foto: FIC.

 

Frei Chitín, un personaxe creado polo verinés Miguel Ángel Prieto Sotelo, enchía de humor e risas o Auditorio de Verín neste luns 7 de setembro. O freire convertíase en protagonista absoluto dunha actividade paralela celebrada no marco do FIC Vía XIV 2020, que contou cun grande éxito de público.

O Auditorio de Verin acollía deste xeito un espectáculo no que Frei Chitín departiu co público, ofreceu elevadas doses de enxeño e humor e exhibiu un documental propio, cun marcado carácter entroidero.

Caminos de Tierra

Xunto a isto, tamén o Auditorio de Verín acolleu un pase do documental Caminos de Tierra, dirixido por tres mozos de Verín -José Antonio Quintas Fírvida, Nacho Sola Veiga e Andrés Gonzalo Álvarez.

A obra detalla a viaxe que realizaron dende Ourense ata Galitzia (en Polonia) no ano 2019 e durante 40 días. Fixérono subidos a unha caravana vintage e autosostible pasando por un total de 11 países. A peza documental xurdida tras a viaxe contén unha unha mensaxe ecoloxista e de chamada de atención para a protección do medio natural.

Artigos relacionados

Back to top button
Close