DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Fría xornada de fútbol no campo vianés das Carrelas

Publicidade
O conxunto local perdía por 0 goles a 2 ante o Maside F.C.

Os resultados seguen se acompañar ao C.D. Viana que volvía perder en casa. Aínda así, e malia o frío e a chuvia, numerosos afeccionados asistían ao partido disputado na tarde do 18 de marzo no campo das Carrelas, entre o conxunto vianés e o de Maside.

Os visitantes adiantábanse no minuto 25 marcando o segundo tanto xa na segunda parte, no minuto 73, sen resposta por parte dos locais.

Con este resultado, os celestes mantéñense no fonda da táboa en primeira autonómica, con 14 puntos. Na vindeira xornada, desprazaranse ata o José Arjiz para enfrontarse ao Verín CF, cuarto clasificado.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button