DeportesÚltima hora

Fronte común contra o cancro de páncreas o vindeiro 24 de novembro en Vilamartín

Este concello valdeorrés acollerá a II Carreira e Andaina das Cidades contra o cancro de páncreas, que incluirá tamén BTT

Imaxe da primeira edición desta proba solidaria./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Conta atrás para a II Carreira e Andaina das Cidades contra o cancro de páncreas de Vilamartín, unha cita marcada pola cor morada, solidaria e deportiva que se celebrará o vindeiro 24 de novembro a partir das 10 horas e cuxas inscricións destinaranse integramente á investigación para loitar contra esta enfermidade.

O obxectivo será “batir o récord dos récords, ganarlle ao cancro de páncreas” din dende a organización, en mans de tres veciñas de Valdeorras contando co apoio da ACANPAN e AESPANC, da Delegación Valdeorresa da Federación Galega de Atletismo (FGA), entre outras entidades e empresas.

Nesta segunda edición “a loita será andando (4,5 km para a andaina light e 12 km para os andaríns máis ousados), correndo, (polo mesmo traxecto que a andaina pro) e montando en bicicleta (32 km de misteriosos camiños para os guerreiros e guerreiras nos seus cabalos de dúas rodas). O inimigo, letal e silencioso, é o cancro de páncreas, un tumor que en 2018 afectou en España a 7.700 persoas, e cuxa incidencia non cesa de crecer”, aseguran dende a organización da carreira.

Unha das maneiras de facer fronte común contra este cancro será esta iniciativa benéfica, na que xa se están inscribindo centos de persoas. As inscricións estarán abertas ata o vindeiro 19 de novembro en www.carreirasgalegas.com e en establecementos de diversos puntos da comarca de Valdeorras: Trisport en A Rúa e O Barco, Garoba e Bicis Chapi en O Barco, Fimar en Vilamartín, Oficina de Turismo en A Pobra de Trives e librería Teresita en Rubiá.

“Os uniformes están listos e os avituallamentos para as milicias en camiño. Está en marcha o reclutamento dos guerreiros e guerreiras que nos axuden a vencer a un inimigo pouco coñecido pero moi temible”, destacan as organizadoras, que animan á xente a “tomar parte nesta loita para vencer ao cancro de páncreas”.

RESUMO DA ACTIVIDADE

SAÍDA e META: Pavillón Polideportivo de Vilamartín, Zona Recreativa de O Bañadoiro

MODALIDADES E DISTANCIAS:

  • Andaina light: 4,5 km
  • Andaina pro: 12 km
  • Carrera: 12 km
  • BTT: 32 km

INSCRICIÓNS:

  • Andaina e Carreira
    • Adultos 10 €
    • Nenos 5€
  • BTT: 15 €
  • Online: ata as 23.59 h. do martes 19 de novembro en carreiras galegas
  • Presencial nos siguintes puntos:
    • Vilamartín de Valdeorras: Fimar Consultores
    • O Barco de Valdeorras: Bicis Chapi, Garoba e Trisport
    • A Rúa: Trisport
    • Rubiá: Librería Teresita
    • Cova (A Pobra de Trives): Oficina de Turismo

DORSAL 0: carreiras galegas

RETIRADA DE DORSAIS: na secretaría habilitada para tal fin no Pavillón Polideportivo de Vilamartín, Zona Recreativa de O Bañadoiro os días sábado 23 de novembro de 16.00 h. a 20.00 h., e o domingo 24 ata 1 hora antes das probas deportivas.

Ao finalizar o evento deportivo terá lugar unha pinchada e un sorteo entre os participantes.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close