CulturaCultura

“Fronteiras de enerxía animal (I)”, de Plácido Romero e Aser Álvarez, premiado nos Ánxeles

O documental “Fronteiras de enerxía animal (I)”, de Plácido Romero e Aser Álvarez para a productora de Celanova Arraianos Producións, vén de acadar un novo recoñecemento a nivel internacional. O xurado da segunda edición do StarDocInternational Film Festival, que se celebrou no Ánxeles (EE.UU.), decidiu premialo na categoría “Natureza e Animais”.

En “Fronteiras de enerxía animal (I)” abórdase como as diversas variantes de enerxía animal foron decisivas para supervivencia dos habitantes, da Raiaseca do Leboreiro. A integración deles, en orixinais e particulares formas de ocupar un territorio, por veces hostil, por outras amable e aventureiro, non terían sido posibles sen a sua valiosísima axuda. A nova realidade está facendo xurdir novos rumbos, en consonancia con tecnoloxías modernas e coa satisfacción de necesidades sociais e terapéuticas. A inspiración nunha tradición a piques de desaparecer e a incorporación de novos comportamentos éticos, dignifican, humanizan e espiritualizan as súas funcións coas que interveñen para que esas terras sigan producindo situacións e historias do mellor realismo máxico.

O documental suma así un novo recoñecemento que se engade a outros acadados a nivel nacional polo microdocumental “Traballo animal”, o primeiro dos directores que segue esta temática. Entre eles, destacar o premio especial do xurado no Festival de Documentais Etnográficos organizado pola Fundación Carmen Arnau, de Toledo ou o premio no Festival Nacional de Cine sobre Biodiversidade.

 

Portada do documental.

Artigos relacionados

Back to top button